Os brigadistas, a maioría socios do colectivo de produtores de madeira, xuntáronse nunha comida.
A comida anual que organiza a asociación de produtores de madeira das Somozas ( Promaso) para render tributo aos voluntarios que patrullan o monte, durante o período de máximo risco de incendios, reuniu a 69 persoas no mesón A Esquina. Asistiron case todos os vixiantes e representantes das entidades colaboradoras, como o alcalde, persoal do Distrito Forestal e da oficina de Abanca, o xefe provincial de Montes e a Garda Civil de San Sadurniño. Desde que puxeron en marcha as brigadas, fai oito anos, non se produciron incendios de relevancia.